O festival viveirense conta co apoio do Concello de Viveiro, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia e volverá ser un dos dez festivais máis grandes do país en 2024.
Viveiro, 12 de xuño, 2024. Estrela Galicia, principal patrocinador privado, presente no festival desde a súa primeira edición, volverá a Viveiro para ser protagonista do festival, achegando experiencia e sendo un actor fundamental no mesmo.
Resurrection Fest Estrela Galicia, o festival de rock, metal e punk máis grande de España e un dos máis grandes de Europa está ao virar a esquina. Na súa vixésima edición, “o Resu” volverá contar con algunhas das estrelas do punk do rock e do metal máis grandes a nivel mundial.
Hoxe, a organización dá a coñecer a súa estimación en canto a emprego xerado nesta edición. Un estudo posterior á realización do festival achegará máis datos, pero a estimación a día de hoxe sitúa en máis de mil os empregos directos xerados polo festival de música de maneira directa. Ademais, serán máis de seis mil os empregos indirectos que se xerarán non só en Viveiro, senón en toda a provincia de Lugo.
En canto á ocupación hostaleira, outro ano máis, toda a comarca da Mariña, e practicamente toda a provincia de Lugo, experimenta o 100% da súa capacidade hostaleira completa. Outro dato que demostra a importancia do fenómeno do turismo de festivais en Galicia e a importancia do “fenómeno Resu” neste turismo para todo Galicia.
Resurrection Fest Estrela Galicia afronta estas últimas semanas previas á celebración da súa vixésima edición coas últimas entradas e abonos dispoñibles e cun ritmo de venda que aventura a presaxiar unha nova e exitosa edición do festival de rock máis grande de España. Más de cento vinte mil persoas son as xa aseguradas as que asistirán ao certame de rock do ano no noso país.