A presidenta provincial, Elena Candia, e o voceiro provincial, Antonio Ameijide, así o explicaron esta mañá durante unha rolda de prensa na que tamén estiveron presentes deputados provinciais e autonómicos, senadores e outros cargos do Partido Popular da provincia de Lugo
Na rolda de prensa que tivo lugar esta mañá os populares fixeron unha radiografía das necesidades que ten a cidade e a provincia de Lugo. O acto aos medios tivo lugar diante das obras da intermodal “un exemplo de colaboración entre administracións”.
A Presidenta Provincial dá a benvida a Óscar Puente e agarda a que “veña a Lugo con compromisos reais, con orzamentos e non só sexa unha visita de turismo como moitas outras que fixeron altos cargos socialistas a Lugo”. A popular engadía que “lle faremos chegar ao Ministro unha carta coas necesidades que ten a provincia en materia de infraestruturas”.
“Somos a cidade peor comunicada de España e o primeiro que lle pedimos é se restablezan as frecuencias que se suprimiron trala pandemia facémoslles unha petición expresa para que se repoñan os trens hoteis a Madrid, Barcelona e Bilbao; e tamén esperamos que sexa unha realidade o de Madrid directo desde Lugo que anunciaron para 24.
Elena Candia tamén reclamou unha maior axilidade na A-54 (Lugo-Ourense) salientando que non hai nin un só tramo inaugurado polo goberno socialista. Ademais indicou que o PP “non abandona a loita pola A-56 que cobra máis protagonismo”
Toda vez que non está garantida a Alta Velocidade a Lugo a popular lembraba a opción da conexión por tren de Lugo con Santiago recordando como no ano 2021, unha vez que se comproba que o goberno de Sánchez non vai continuar co proxecto das variantes ferroviarias que defendían (Peares-Canabal; Rubián) se presenta unha petición para que no proxecto dos Presupuestos Generales del Estado se contemple unha partida para estudar a viabilidade de conectar Lugo con Santiago e Lugo coa mariña lucense.
Xustifican a solicitude para que se fagan estes estudios de viabilidade indicando que ambas conexións son necesarias para mellorar as obsoletas comunicacións ferroviarias da provincia lucense e ambas liñas son amplamente demandadas polos lucenses.
Son algunhas das reinvindicacións as que non queremos renunciar e dentro do respecto institucional lle queremos recordar ao Ministro para que sexan compromisos reais con orzamentos e non sexa unha visita como moitas outras nos últimos tempos.
Pola súa banda, Antonio Ameijide coincidiu en que estas carencias tamén se plasman no transporte por estrada. A día de hoxe a única autovía que temos en Lugo ten unhas deficiencias enormes. “A A-6 pode ser a autoestrada peor conservada de España”, explicou, facendo referencia a que en sentido Madrid é imposible circular polo carril dereito, mentres que en dirección A Coruña as dificultades para os condutores están no carril esquerdo. Sen esquecer o lento avance de reconstrución do viaduto de O Castro, que este verán cumprirá dous anos fóra de servizo.
Deste xeito, os populares reclaman na súa carta a Óscar Puente compromisos e partidas orzamentarias concretas para avanzar nas autovías entre Lugo e Santiago (A-54) e Lugo e Ourense (A-56), así como a autovía da Mariña (A-74) e a autovía de Ponferrada a Ourense (A-76).
Ameijide tamén insistiu na necesidade de realizar periodicamente o adecuado mantemento das infraestruturas de titularidade estatal que transcorren pola provincia de Lugo, como poden ser as autovías A-6 e A-8, a estradas nacionais N-540, N-640, N-VI, N-642, N-634 ou N-120, entre outras. “Un eido fundamental para garantir a seguridade de todos usuarios que as empregan cada día”, sinalou.
Neste eido, o popular explicou que o anunciou de investimento no mantemento que seguramente explicará mañá o ministro de Transporte “é benvido” pero a realidade é que “chega tarde porque son moitos anos de abandono e estes investimentos tiñan que terse realizado hai varios anos sen agardar a este deterioro tan pronunciado que o único que fai é poñernos en risco a todos”.