O voceiro popular sinala que aínda que José Tomé, os socialistas e os nacionalistas non o queiran ver o normal é que se a parcela non está adaptada non haxa interesados nela xa que se incrementa o investimento que teñen que realizar para iniciar a actividade
Antonio Ameijide recorda que neste proxecto industrial a Deputación de Lugo “aínda non fixo o desmonte das parcelas” polo que “o máis normal é que nesta situación ninguén se interese por asentar o seu proxecto empresarial nesta zona da provincia porque é inasumible ese prezo de venda nesa localización e o coste que ten realizar o desmonte”.
Por este motivo, os deputados populares preguntarán no vindeiro pleno “que ten pensado facer o goberno de socialistas e nacionalistas con esta zona industrial para xa que se este é o seu modelo de impulso industrial é, cando menos, curioso”.
“Socialistas e nacionalistas son o peor inimigo da creación de emprego e do asentamento empresarial e de poboación na nosa provincia”, sentenciou.
SITUACIÓN ACTUAL DO POLÍGONO DE ‘O POUSADOIRO’
Esta zona industrial conta con dúas parcelas “algo, cando menos curioso porque nunca vimos unha zona industrial con só tres parcelas”.
Unha destas parcelas conta cunha nave abandonada, “imaxinamos que cansos de esperar o asentamento doutras iniciativas que axudaran a medrar o polígono e así, entre todos, xerar sinerxias que lles permitisen medrar e ser máis competitivos”.
Unha das parcelas que está a venda no polígono conta cunha extensión de 14.330m2 xa que non se realizaron nin as divisións nin o desmonte. Na actualidade está ateigada de árbores e vexetación, ademais de contar con rochas e penedos de gran tamaño.
“O normal, aínda que José Tomé, os socialistas e os nacionalistas non o queiran ver é que se a parcela non está adaptada é que ninguén se interesase por ela xa que a maiores do investimento para poñer en marcha a súa actividade ten que asumir o desmonte e así ninguén quere iniciar unha actividade”, afirmou.
SISTEMA DE VENDA DAS PARCELAS
O sistema de venda das parcelas aprobado pola Deputación foi o de poxa, unha venda pública na que non houbo interesado algún.
Desde xeito e á vista da acta da xuntanza da mesa de valoración do de 15 febreiro de 2022 e do informe realizado pola Sección de Patrimonio do 18 de febreiro dese mesmo ano, aprobouse en Xunta de Goberno da Deputación, o 11 de marzo de 2022, “declarar deserto o procedemento convocado para o alleamento, mediante poxa, das parcelas de solo industrial, propiedade da Deputación Provincial de Lugo, no Polígono Industrial ‘O Pousadoiro’, no Concello de Ourol ao non recibirse ofertas para concorrer a este procedemento”.
Tras declarar deserta a poxa, a venda segue vixente polo que no caso de que apareza algún interesado na adquisición das parcelas ten que presentar un escrito ante a Deputación informando do interese na compra. Chegado este punto, o prezo das parcelas será o da poxa, aplicándose as condicións de financiación de SUPLUSA (financiación ao interese legal, máximo 5 anos, con pagos mensuais ou trimestrais).