Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide a retirada inmediata de escombros dos aparcamentos públicos en Foz

Os concelleiros populares responsabilizan a Cajoto e aos seus socios do BNG de autoriza estes vertedoiros que provocan malestar entre os veciños, poden ser puntos de risco para a salubridade pública e restan prazas de aparcamento moi necesarias

Foz, 19 de xuño de 2024. Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Foz esixen ao goberno local que “retire de inmediato” a escombrera localizada no aparcamento da Praza Trégastel na que, ademais de materiais de obras, hai todo tipo de residuos.

O voceiro popular, Javier Castiñeira, explica que a maleza tamén medra sen control, “chegando a invadir propiedades privadas o que está a xerar molestias entre os veciños, que non entenden que o goberno local non tome cartas no asunto e limpe a zona para evitar todas estas molestias”.

Esta zona é un barrio residencial, no que os veciños ven como este aparcamento se converte nunha escombrera pública, “circunstancia da que os únicos responsables son Cajoto e os seus socios do BNG por permitir que estea nestas condicións”.

O popular lamenta que “nesta situación tamén hai outros solares do municipio, afectados pola paralización desa obra troncal pero tamén paralizados polo desleixo absoluto e falta de xestión do equipo de goberno que provoca malestar aos veciños”.

Neste senso, dende o Grupo Municipal Popular esixen a retirada inmediata dos escombros, non so por imaxe e salubridade, senón porque as prazas de aparcamento son moi necesarias. “Agora que vemos que as previsións indican que A Mariña pode bater récords de ocupación todos os estacionamentos son necesarios”, sinalou.

Exit mobile version