Os deputados provinciais explican que traballadores de Tragsa trasladaron varias queixas polo que se cotexarán os traballos realizados e os encargados para comprobar que todo está en regra
Os populares explican que queren realizar varias comprobacións despois de ver como os traballadores amosaron o seu malestar por ter que realizar tarefas, segundo eles mesmos explican, que son de alta perigosidade.
“Neste senso queremos comprobar que todo está en orde ademais de revisar se estes traballadores están cualificados para realizar estes traballos e que se garanten todas as medidas de seguridade necesarias”, sinalan.
Para os populares “é estraño e curioso” que xurdan novas queixas en torno aos traballos que o goberno provincial de PSOE e BNG encomenda a esta empresa polo que se revisará exhaustivamente toda a documentación.