Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP denuncia que a Deputación “financia empresas participadas por Ana Pontón e altos cargos do BNG”

Antonio Ameijide afirma que está “fóra de lugar e de toda ética” que dende administracións pública estean a destinar fondos a empresas das que son accionistas, sobre todo cando a socialistas e nacionalistas se lles escoita presumir “da súa transparencia e honestidade” que, á vista dos feitos, “están máis que cuestionadas”

Lugo, 5 de xuño de 2024. Dende o Grupo Provincial Popular denuncian que o BNG, co visto e prace do PSOE, está a financiar dende a Deputación empresas participadas por altos cargos nacionalistas, como Ana Pontón ou Olalla Rodil.

O voceiro popular, Antonio Ameijide, explica que dende que José Tomé é presidente da Deputación, o goberno provincial pagou 172.817€ á empresa Sermos Galiza, da que Ana Pontón e Olalla Rodil, entre outros cargos nacionalistas, son accionistas.

Ameijide ve “fóra de lugar e de toda ética” que dende institucións públicas nas que gobernan estean a destinar fondos a empresas das que son accionistas. “Sempre escoitamos presumir aos membros do BNG da súa transparencia e honestidade, pero non nos parece ético que destinen fondos a empresas das que son accionistas”, sentenciou.

MUNICIPALISMO DE AMIGUETES

Antonio Ameijide recorda que tanto PSOE como BNG manteñen unha clara liña de “beneficiar unicamente aos seus afíns e amiguetes” tal e como deixan claro cos convenios que asinan.

No primeiro trimestre de 2024 -aprobados en xunta de goberno ou vía decreto- tanto socialistas como nacionalistas destinaron a concellos gobernados por PSOE e BNG preto de 900.000 euros (865.814,72 euros), unha liña que xa seguiron anteriormente, como se certificou en 2023 ano no que destinaron case 15M€ (14,7M€) en 93 convenios -aprobados en xunta de goberno- que tiveron como beneficiarios, practicamente en exclusiva, a Concellos gobernados por PSOE e BNG.

O Plan Deputación non é alleo a esta política de Tomé e os seus socios de goberno do BNG xa que con esta liña de axudas para todos os concellos decidiron beneficiar aos 5 municipios máis grandes con 50.000€ máis para cada un; mentres conxelaron ou reduciron as achegas aos restantes 62.

Antonio Ameijide denuncia que “PSOE e BNG empregan a Deputación de Lugo como a súa chequeira particular, marxinando a máis da metade dos concellos da provincia de Lugo soamente porque os seus veciños decidiron que a mellor opción para dirixir o seu municipio era o Partido Popular”.

Exit mobile version