“Ante o pasotismo de Cajoto e do BNG, desde o Grupo Municipal Popular queremos instar ao titular da vía a que a arranxe con garantías e á maior brevidade posible” sinala Verónica Soto
Trátase dun antigo tramo da nacional que está perigoso, con grandes baches, nunha zona de baixa visibilidade e cun ancho reducido, debaixo da ponte pola que pasa a N-642. “O peor tramo situase nun punto que está nunha curva moi pechada e cun socavón que ocupa practicamente a anchura da vía, ao que hai que sumarlle a perigosidade dun paso de xabarís nese mesmo punto”, afirma a concelleira popular.
Verónica Soto sinala que “xa que Cajoto parace non ter moito interese e o BNG nin está nin se lle espera, desde o Grupo Municipal Popular queremos instar ao titular da vía a que a arranxe con garantías e á maior brevidade posible”.