Castiñeira afirma que “non se entende” a postura de Cajoto de reclamar outra residencia “cando non atende a que ten” o que é “unha falta de respecto para os usuarios, os seus familiares e para todos os veciños de Foz”
“Non entendemos como Cajoto, formando parte do goberno da Deputación de Lugo, non axuda a arranxar o asilo coa Fundación e poñelo en funcionamento como fixo a Xunta de Galicia no seu día”, lamenta Jorge Castiñeira, recordando tamén como varios municipios da provincia, gobernados por socialistas, asinaron convenios co goberno da Deputación para construír nos seus concellos residencias ou centros de atención a maiores.
Javier Castiñeira afirma que “Cajoto usa agora fogos de artificio para desligarse da problemática actual que non resolveu”, recordando que “as axudas de emerxencia para os actuais residentes do asilo aínda non se fixeron polo que por moita partida que haxa non van a chegar aos usuarios”.
Para o voceiro popular, unha das solucións pode pasar por un canon que caia como “choiva fina” para tratar de reducir as tarifas de xeito igualitario a todos os usuarios da actual residencia.
Por último, Javier Castiñeira sinala que “non se entende que Cajoto pida máis residencias cando a que hai non a atende”. “O que está a facer é faltar ao respecto aos usuarios da actual residencia, aos seus familiares e a todos os veciños de Foz”, sentenciou.