Viveiro, 4 de xuño de 2024. A Tenencia de Alcaldía, a través da Concellería de Medioambiente de Viveiro, leva ao pleno municipal de mañá, mércores 5 de xuño, a nova ordenanza de uso e aproveitamento das praias para a súa aprobación definitiva.
A ordenanza non recibiu alegacións e regula, entre outras cuestións, a presenza de animais nas praias na tempada de baño, entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, permitindo o acceso a cans entre as 21:00 horas e as 09:00 horas da mañá. Tamén establece a praia de Seiramar como areal de uso compartido, no que a presenza de mascotas estará permitida en calquera horario.
A ordenanza dá resposta ao elevado número veciños e veciñas que teñen cans, respectando tamén o descanso nas praias das persoas que non o teñen.
“Habilitamos esta alternativa para satisfacer as demandas das persoas propietarias de cans e das persoas que non queren animais nas praias. Esta regularización fai posible a convivencia pois é tan necesario habilitar zonas para cans como sancionar aos donos que incumpren os horarios e outras normas de convivencia”, explica Míriam Bermúdez.
Ademais disto, a ordenanza regula a habilitación de canles de acceso á praia tanto en Covas como en Area, que permitirán que as embarcacións que hai fondeadas poidan acceder dende o mar ao areal.
Regúlase neste texto tamén a limpeza e calidade das augas, as actividades e instalacións temporais, a vixiancia o salvamento e socorrismo, a pesca, a circulación de vehículos, a acampada, as embarcacións, a práctica de deporte na zona de baño, as cacharelas