As inscricións están abertas ata o 24 de xullo a través dos contactos 636 531 501, 650 056 872 ou cdsciprian@gmail.com
A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, polo concelleiro Alfredo Fernández, e por representantes do Club Deportivo San Ciprián.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 24 de xullo a través dos contactos 636 531 501, 650 056 872 ou cdsciprian@gmail.com.
O Concello de Cervo felicita de novo ao Club Deportivo San Ciprián, e á súa sección de tenis de mesa especialmente, neste caso, por seguir a dinamizar durante o verán o noso Concello, con actividades deportivas deste nivel, que en edición pasadas congregaron a un importante número de participantes, e que nesta ocasión, de seguro, volverá ser un éxito.