Burela, 26 de xuño, 2024. Cocinas Santos e o IES Perdouro asinaron un convenio de colaboración que fará realidade a próxima apertura das instalacións que a empresa de fabricación de mobles de cociña ten no polígono industrial de Lourenzá.
Grazas a esta cooperación, o alumnado que curse no IES Perdouro o Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial durante o vindeiro curso 2024-25 converterase no primeiro persoal que pasará a formar parte da empresa na Mariña. Os matriculados neste ciclo de Formación Profesional Dual realizarán as súas prácticas en Cocinas Santos e conseguirán así emprego na comarca.
Para beneficiarse desta oferta laboral é necesario presentar o formulario de admisión para a FP Dual Intensiva no Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial no IES Perdouro. O prazo de presentación das solicitudes iniciouse o 24 de xuño e remata o 4 de xullo.