Site icon Crónica3.com A Mariña

O domingo, 16 de Xuño, tera lugar a celebracion dunha das citas mais importantes do Remo en A Mariña, a “II Regata de Traíñas de Veteranos Cofradía de Pescadores Puerto Celeiro S.A.”

Viveiro, 3 de xuño. 2024. O Club de Remo Celeiro será o encargado de organizar, un ano máis, esta importante regata pertencente a Liga Galega de Veteranos, para desfrutar dunha xornada de remo magnífica, coa embarcación raíña, a traíña.

A cita será o domingo 16 de Xuño, na Praia de Covas ás 12.00h en xornada de mañá. Participarán un total de 11 embarcacións, 154 remeirxs dende diversos puntos de Galicia.

Entregaranse un total de 3 Bandeiras para os vencedores na diferentes categorias

– Bandeira de Traiñas feminina
– Bandeira de Traiñas masculina
– Bandeira de Traiñas Mixta

Este ano, como novidade, apostando pola igualdade e co obxetivo de dar visibilidade á muller neste deporte, entregaranse 2 bandeiras máis que na edición anterior. Á Bandeira de Traíñas Masculina que se entregou o ano pasado, sumaranse unha ó mellor equipo feminino e outra ó mellor equipo Mixto. (Considerase equipo mixto a aquelas embarcacións masculinas que aliñen 5 mulleres como mínimo na súa tripulación)

Exit mobile version