As actuacións musicais de Fillas de Casandra, Mondra ou Xurxo Fernandes amenizarán esta cita gastronómica, que conta cunha achega que supera os 40.000€ da institución provincial a través do Plan Deputación 2024. Ademais da tradicional degustación e venda do doce elaborado polos establecementos locais: Panadería David, Pastelería Gómez e Panadería La Esquina; a cita inclúe tamén obradoiros, exposicións, xogos populares e postos de polbo á feira.