En concreto, o Concello de Burela acadou este recoñecemento para as praias de A Marosa e O Portelo, o barco museo Reina del Carmen, o centro de educación ambiental Gaia e a ruta do litoral burelés. Arias sinalou que estes recoñecementos poñen en valor a costa, o patrimonio natural e a imaxe turística da Mariña como destino sustentable e de calidade. A provincia de Lugo obtivo 22 insignias azuis en 13 praias, 6 sendeiros, 2 centros e un porto deportivo.
![O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, fixo entrega este martes á alcaldesa de Burela, Carmela López, das cinco bandeiras azuis concedidas este ano ao concello](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2024/06/250624-Entrega-Bandeiras-Azuis-a-Burela-1-1024x683.jpg)