Foz, 29 de xuño de 2024. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, vén de recibir diante da praia da Rapadoira as seis bandeiras azuis que lle otorga a ADEAC, entregadas polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias.
Os distintivos foron outorgados ás praias da Rapadoira, Llas, Peizás, Polas e Areoura, ademais do sendeiro azul que discorre ao longo de todas estas praias.
A praia da Rapadoira será a única que luza a bandeira azul, coma nos últimos anos. “As dificultades para conseguir socorristas continúan. Non sabemos tampouco con canto financiamento da Xunta vamos contar, polo que é complicado ter o número de profesionais que esixe ADEAC en cada praia”, explica o alcalde de Foz, Fran Cajoto, e continúa: “así é todo Foz vai a contar con 15 profesionais entre socorristas e auxiliares, que comezarán a prestar servizo o día 1 de xullo e seguirá traballando para contar con máis, xa que para nós o principal é a seguridade, polo que repartiremos o persoal co que contamos entre as praias que teñen bandeira azul para contar con servizo de vixilancia nas máximas posibles, a pesar de non cumprir co número de profesionais que esixe ADEAC”.
Dende a delegación municipal de Turismo a concelleira Kathy Navarro explica que “a oficina de turismo tamén contará con reforzos a partir do 1 de xullo, así como o servizo de limpeza de praias e outros, para poder atender da mellor maneira a veciñ@s e visitantes”.