A inscrición, que se pode formalizar na Casa da Cultura, é de balde, e o prazo remata o 5 de xullo
O curso, que é de balde, tivo unha gran acollida en anteriores edicións, tal e como sinala a alcaldesa Dolores García Caramés, polo que “apostamos por seguir ofrecéndolle á nosa mocidade esta ferramenta formativa “que contribúe a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laboral cada vez máis competitivo”.
As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse na Casa da Cultura ata o 5 de xullo.
O curso comezará o 8 de xullo e as prazas son limitadas.