A programación para o sábado, 29 de xuño, será a seguinte:
Haberá Misa na honra de San Pedro e a Virxe do Carme, ás 13:30 horas, 🎶cantada polo Coro Parroquial de Cervo; seguida de procesión con Fol de Raxal e Cordenaia de Airiños do Xunco.
A continuación, o Grupo MASTER protagonizará o vermú.
Á noite haberá Gran Verbena de novo amenizada polo Grupo MASTER, seguido do Disco Móbil Conxuro a partir das 22:30 horas.
O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar nesta Festa, que dá o punto de partida ao verán, como primeira Festa Patronal dunha tempada estival que volverá encher cada recuncho de Cervo de actividades para todos os públicos e para desfrutar coa familia e amigos.