“A partir do 1 de xullo ata o 30 de agosto, as familias poderán deixar aos seus fillos e fillas ás 9:00 ou ás 10:00 horas, segundo lles resulte máis conveniente, e poderán recollelos ás 13:30 ou ás 14:00 horas, adaptándose así ás necesidades específicas de cada unidade familiar. O resto de información pódese atopar nas bases de participación” apunta dende a delegación de Educación, Igualdade e Participación.
Esta ampliación horaria permitirá ofrecer unha maior flexibilidade ás familias, garantindo que os nenos e nenas poidan gozar dun verán divertido e educativo mentres os pais e nais compaxinan as súas responsabilidades laborais e persoais.
Detalles da ampliación horaria:
Horario de entrada: 9:00 ou 10:00 horas.
Horario de saída: 13:30 ou 14:00 horas.
O Concello de Alfoz está comprometido en proporcionar un entorno seguro, educativo e divertido para todos os nenos e nenas que participan no Ludiverán, e confiamos en que esta ampliación horaria será de gran axuda para as familias do noso concello.