Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club de Xove destaca no IX Torneo Intercontinental de Bolo Celta celebrado en Nigrán

Xove, 24 de xuño, 2024. A pasada fin de semana, máis de 50 xogadores de Latinoamérica e España déronse cita en Nigrán para competir no Torneo Intercontinental de Bolo Celta. Os resultados obtidos polos xogadores do Club de Bolos Xove son excelentes.

Na categoría individual, Daniel Alonso López alzouse como Subcampión Intercontinental 2024, tras unha emocionante partida que o enfrontou a J. M. Torres do Club San Cibrán de Gondomar.

Na categoría de seleccións, a Galega, composta polos xovenses Miguel López e Francisco Pérez, o baionés Adrian Rodriguez e o nigranés Cristian Lebedynski, coroouse como Subcampioa Intercontinental 2024.

Ademais, a Selección de Lugo, integrada polos catro xogadores xovenses Daniel Alonso, Andrés Rodríguez, Cristian Rodríguez e Ginés Rodríguez, logrou unha destacada cuarta posición final.

Estes incribles resultados son un testemuño do talento, esforzo e dedicación dos xogadores do Club de Xove.

Exit mobile version