A artista ribadense Elvira López elaborou este deseño, que loce tamén en centros de Meira e Vilalba
O deputado de Mocidade Daniel García, acompañado da artista, do durector do centro e do tenente alcalde de Burela Mario Pillado, achegouse ata l mural, que loce nun dos muros do centro.
A artista sinalou que “a participación en IlustrarNÓS supón toda unha oportunidade para amosar o meu traballo e darlle visibilidade”.”Co meu traballo quixen plasmar a paixón de Chichi Campos polo debuxo, por iso o lapis sae do corazón cun foguete”, explicou.
Daniel García destacou a traxectoria e a boa acollida de programa IlustrarNÓS “que ademais de achegar o alumnado á ilustración, ás súas técnicas e ás creadoras e creadores galegos, ofrece a muralistas e artistas novas un espazo para desenvolver a súa actividade”
Ademais do CEIP Vista Alegre, Elvira López plasmou o seu deseño no IES Pedregal de Irimia, de Meira, e no CEIP Terra Chá, de Vilalba.
Os colexios Luis Pimentel e Albeiros de Lugo, os colexios de Cervantes e Castroverde e o instituto da Fonsagrada tamén contan xa ou sumarán nas vindeiras semanas obras de Sandra Lodi e A. Cecilia, tamén con deseños arredor de Chichi Campos, a quen se dedicou este ano o Día da Ilustración.
Ademais destas intervencións artísticas, IlustrarNOS levou aos centros educativos da provincia charlas e obradoiros sobre a ilustración. No marco do programa, tamén se desenvolveu un certame escolar de ilustracion.