Iria Castro denunciou a falta de planificación do verán por parte da Consellería de Sanidade, que agrava a falta de persoal na sanidade públicas
Na exposición da moción, a deputada Iria Castro referiuse a situación dos consultorios de Castro de Rei e de Doiras (Cervantes), que o goberno galego pechará nos meses de verán, á falta de persoal en centros de atención primaria en municipios da Mariña, que multiplican a súa poboación nos vindeiros meses, ou ao peche de camas nos tres centros hospitalarios da provincia.
“As vacacións, como as xubilacións, son problemas que a Consellaría sabía que iamos ter” e que non se resolven “cun plan improvisado aprobado a mediados de xuño” dixo a deputada que pediu unha vez máis ao goberno galego que “afronte o deficit estrutural de persoal, a precaridade e a falta de orzamentos”, que está comprometendo a calidade do sistema sanitario público.
Iria Castro afeou o voto en contra da moción dos deputados do Partido Popular sinalando que “as veciñas e veciños están vendidos por representantes municipais que non os están defendendo”.
A moción, aprobada cos votos de BNG e PSdG, inclúe como puntos de acordo: esixir á Xunta de Galiza que garanta a reapertura de todos os consultorios pechados, a cobertura dass baixas por vacacións, enfermidade e xubilacións do persoal sanitario e a reapertura das camas pechadas durante a época estival nas diferentes plantas dos hospitais da provincia.