Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Burela logra un acordo para pedir á Xunta que exima a concellos e asociacións do pago das taxas de portos

O voceiro municipal Mario Pillado sitúa ó PP de costas ó tecido asociativo e ó Concello de Burela

Burela, 06 de Xuño de 2024. O BNG foi quen de sacar adiante unha moción na que se insta á Xunta de Galicia para eximir a concellos e asociacións dos custes das taxas portuarias.

Co voto en contra do Partido Popular, a proposta solicita unha modificación da normativa para crear exencións de pagamento ás que se podan acoller tanto os concellos coma os colectivos nas actividade organizadas en terreo portuario.

Mario Pillado indicou que “a labor que realizan as asociación locais en colaboración co Concello é fundamental para dinamizar a vila de Burela e por iso cremos que esta demanda é totalmente xusta, tendo en conta que gran parte do custe é asumido polo concello que xa está suficientemente afogado polas competencias que lle fai asumir a Xunta”

Continuou o voceiro do BNG dicindo que “estamos a falar duns 15000 euros anuais nas arcas municipais que fan posible as Festas Patronais, a Feira do Bonito, Expomar ou a utilización de espazos como A Moncloa ou a oficina de Turismo”

Pillado finalizou dicindo que “estamos contentos pola aprobación da moción pero ó mesmo tempo cremos que cadaquén quedou retratado; se o PP prefire poñerse de costas do Concello, do tecido social e, en definitiva, da veciñanza de Burela alá eles, é o camiño que veñen tomando dende fai tempo e nunca perden a ocasión de demostralo”

Exit mobile version