Burela, 18 de xuño, 2024. Michal Marek Kaluza (M.Kaluza), nado en Bielsko-Biala (Polonia) en 1998, continuará por unha tempada máis sendo o defensor da portería laranxa. Procedente do Rekord Bielsko Biala onde se formou dende neno nas categorías base, dende o ano 2006 ata 2015 que pasa a formar parte do primeiro equipo, ficha como porteiro suplente do conxunto mariñán con tan só 21 anos, estando como titular o clásico porteiro naronés, Edu. Co equipo en Primeira División por aquel entón e descendendo a segunda dous anos despois, Michal ocupou o antigo posto de Edu dende a súa marcha, demostrando o seu talento e incrible evolución chegando a ser o mellor porteiro de Segunda División na tempada 2022/2023 e formando parte clave do equipo coa mellor defensa de Segunda División, sendo o conxunto con menos goles encaixados (61), nesta 2023/2024. Tras vivir un emocionante ascenso este sábado, arroupado polos cantos da afección “Kaluza quedate”, o querido porteiro queda un ano máis en Burela.
Felices por poder contar con el durante a próxima tempada na que os Pícaros competirán contra os mellores equipos de España e do mundo, cun porteiro “de Primeira”.