Burela, 9 de xuño, 2024. O sábado 15, o local burelao ofrece unha xornada gastronómica co molusco como protagonista, a partir das 20 horas
O último sábado da primavera culmina por todo o alto no centro social Xebra! (situado na rúa Leandro Cucurny, 19) cunha festa do mexillón e bingo alternativo durante o serán. O local abrirá as súas portas ás 20 horas e ofrecerá racións de mexillón e cartóns para xogar a un sorteo de varios produtos de artesanía.
Por loxística, a organización solicita que a xente interesada en asistir escriba ao mail xebraburela@gmail.com para reservar asento. Os fondos recadados irán destinados á asociación cultural que xestiona o centro social.