A alcaldesa destacou que Lourenzá conta con esta mostra “grazas á colaboración da asociación Patrimonio Laurentino, que fixo os trámites para que esta exposición puidese estar aquí” e anunciou: “estamos organizando para o mes de xullo unha charla na que se falará polo miúdo desta mostra”.
Rocío López explica que a exposición “consta de máis de 40 paneis nos que expón unha introdución sobre o que supuxeron os campos de concentración nazis, a campaña Stolen Memory, patrocinada por los arquivos Arolsen, de Alemania, que recompilan a gran maioría dos documentos sobre a persecución nazi e os campos de concentración, onde investigadores voluntarios buscan ás familias dos deportados para devolverlles os obxectos persoais que se puideron recuperar dos campos nazis e que están depositados nos arquivos Arolsen. E a esta exposición incorporáronse resumes biográficos de deportados do Occidente de Asturias, da Mariña Lucense e ultimamente tamén de Siero e Noreña, en Asturias. Os idiomas utilizados nesta mostra son galego-asturiano, galego, bable e inglés”.