Site icon Crónica3.com A Mariña

Localizan o corpo sen vida dunha persoa na costa de Ortigueira

Ortigueira, 26 de xuño, 2024. O alertador sospeitaba que puidese ter caído ao mar.

O 112 Galicia foi coñecedor da desaparición do falecido un cuarto de hora antes das 17:00, logo de que a Garda Civil recibise a chamada dun coñecido da vítima, a quen lle estrañou atopar fondeada e soa a embarcación do desaparecido, a uns 300 metros do peirao de Ortigueira.

Decontado, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse a Salvamento Marítimo de Fisterra, Servizo de Gardacostas de Galicia, Grupo acuático dos GES e Policía Local de Ortigueira, Garda Civil da Coruña e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ortigueira.

O Servizo de Gardacostas de Galicia mobilizou o helicóptero Pesca II na procura do home desaparecido, que foi atopado sen vida preto da embarcación nunha zona de lodo. Mediante o helicóptero efectuouse o rescate do cadáver para realizar posteriormente o seu traslado.

Exit mobile version