Site icon Crónica3.com A Mariña

Isabel Rodriguez celebra os novos achados no xacemento mindoniense da aldea sueva de Trigás, dentro do proxecto `Ecoloc´ do Ministerio de Ciencia e Innovación

A subdelegada do Goberno en Lugo participa na visita guiada sobre os traballos de escavación realizados nas últimas semanas

Mondoñedo, 6 de xuño de 2024. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, acudiu esta tarde en Mondoñedo á visita guiada polo equipo de arqueólogos que están a facer escavacións na aldea sueva de Trigás, dentro do proxecto “Ecoloxías e economías locais na Alta Idade Media” (Ecoloc), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación

Isabel Rodríguez celebrou os novos achados que puido comprobar en primeira persoa durante o percorrido que comezou na igrexa de San Vicente de Trigás. Esta intervención permite “descubrir un pouco máis sobre o mundo rural do século VI, coñecer o modo de vida dos habitantes desta aldea na época sueva e así, polo tanto, “saber algo máis das nosas orixes”. A subdelegada felicitou aos arqueólogos e arqueólogas e subliñou a aposta do Goberno polo coñecemento e a investigación.

Exit mobile version