Xuntáronse 51 persoas de catro xeracións, desde pais, fillos, netos e bisnietos da familia, todos eles con raíces na Pontenova e que actualmente se estenden pola xeografía de Galicia e Asturias.
![Este pasado sábado, día 1 de xuño, 51 membros da familia Reimonde, da Pontenova, reuníronse no restaurante E Huerto, de Ribadeo, para celebrar a súa comida anual de confraternidade familiar](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2024/06/030624-REUNION-DE-LA-FAMILIA-REIMONDE-A-PONTENOVA-EN-RIBADEO1-1024x670.jpg)
A mostra está composta por trece paneis expositivos que dan conta dos precedentes, recortes de prensa, testemuños gráficos e outras fontes de información arredor da primeira manifestación do Orgullo que tivo lugar en Galicia, en Vigo no ano 1981. Pode visitarse na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro desde este venres, 28 de xuño, no horario de apertura do edificio (de luns a venres de 8:00 a 15:00). Permanecerá aberta ata o próximo 12 de xullo.
Terá lugar o sábado 29 de xuño ás 18:00 h na praza do Concello. A veciñanza está convidada a desfrutar deste traballo.
Desde o vindeiro 1 de xullo e ata as 14:00 horas do 15 de xullo abrirase un prazo de solicitude de matrícula na EMMeD para o curso 2024/2025 para novo alumnado. Farase de xeito telemático a través dun formulario que se atopará na páxina web da escola. Desde a EMMeD indican que “no caso de que pechado este prazo haxa máis solicitudes que número de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo para determinar as persoas que entran neste novo curso. As restantes formarán parte dunha lista de agarda”.
Participaron arredor de 60 alumnos das escolas de música de Xove, Ribadeo, Mondoñedo, Lugo, Foz e Burela, cun excelente resultado. Interpretaron temas de música galega e da pedagoga Sheila Nelson, todos eles adaptados por Xan Carballal para o grupo de alumnos que con diferentes niveis participaron no encontro.
No Coida Cervo deste luns desfrutaron dun divertido e didáctico taller de manualidades con material de refugallo. Tirouse un pouquiño de imaxinación e déuselle unha nova vida a moitos elementos que forman parte do día a día, e que moitas veces acabamos desbotando.
En concreto, o Concello de Burela acadou este recoñecemento para as praias de A Marosa e O Portelo, o barco museo Reina del Carmen, o centro de educación ambiental Gaia e a ruta do litoral burelés. Arias sinalou que estes recoñecementos poñen en valor a costa, o patrimonio natural e a imaxe turística da Mariña como destino sustentable e de calidade. A provincia de Lugo obtivo 22 insignias azuis en 13 praias, 6 sendeiros, 2 centros e un porto deportivo.
Seguindo as tradicións desta Noite Máxica, comeron sardiñas e saltaron a súa particular fogueira. Desfrutaron moito dunha mañá diferente e divertida.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital