O Club de Remo Celeiro será o encargado de, un ano máis, organizar esta importante regata pertecente á Liga Galega de Veteranos, para poder desfrutar dunha xornada de remo magnífica, coa embarcación raíña: a traíña.
A cita será na Praia de Covas ás 12.00h en xornada de mañá. Participarán un total de 11 embarcacións, 154 remeiros e remeiras dende diversos puntos de Galicia.
Entregaranse un total de 3 bandeiras para os vencedores nas diferentes categorias
– Bandeira de Traiñas feminina
– Bandeira de Traiñas masculina
– Bandeira de Traiñas Mixta
Este ano, como novidade, apostando pola igualdade e co obxetivo de dar visibilidade á muller neste deporte, entregaranse 2 bandeiras máis que na edición anterior. Á Bandeira de Traíñas Masculina que se entregou o ano pasado, sumaranse unha ó mellor equipo feminino e outra ó mellor equipo Mixto. (Considerase equipo mixto a aquelas embarcacións masculinas que aliñen 5 mulleres como mínimo na sua tripulación).