Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os premios do III Certame de Teatro Afeccionado de Foz

Foz, 29 de xuño de 2024. O III Certame de Teatro Afeccionado Jose Luis López Lorenzo “O Poto”, organizado polo Concello de Foz, finalizou onte, venres, coa gala de entrega de premios, que foi conducida por Marián Bañobre e Isabel Risco.

Nun ambiente de compañeirismo e ledicia entregáronse os premios nas distintas categorías que foron para:
Mellor Actor.- Xulio Leal (Don Santiago), por “A Lola”, de Avelaíña Teatro.
Mellor Actriz.- Andrea Castro (Alfonsina), por “Salón Alfonsina”, de Vicus Teatro.
Mellor dirección.- Cristina Mariño, por “De Marzo a Marzo”, de Opaí Teatro.
Mellor posta en escena.- “De Marzo a Marzo”, de Opaí Teatro
Mellor guión.- Andrea Castro e Pablo Carrera, por “Salón Alfonsina”, de Vicus Teatro.
Accésit para a mellor obra infantil.- “A volta ao mundo en 80 notas”, da AsociaciónE Cultural Curuxán.
2ª Mellor Representación.- “De Marzo a Marzo”, de Opaí Teatro
1ª Mellor Representación.- “O traballo de Andrea”, do Colectivo Cultural Ollomao.

Dende o departamento de Cultura do Concello de Foz agradecen “a todos os participantes, seleccionados ou non, o seu traballo e agardamos que volvan o ano que ven para facernos desfrutar co seu teatro”, finaliza a concelleira de Cultura, Inés López.

Exit mobile version