Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os premios do Concurso de Poesía Gauchesca e de Vídeo El Viejo Pancho.

Ribadeo, 22 de xuño de 2024. A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, fixo entrega dos premios do Concurso de Poesía Gauchesca e de Vídeo El Viejo Pancho, que tivo lugar no salón de plenos do Concello de Ribadeo.

A edil ribadense destacou o marabilloso traballo feito polo alumnado do Obradoiro de actividades socioculturais na elaboración da Exposición “100 anos sen o Viejo Pancho” e en todos os obradoiros que levaron a cabo para que a rapazada desde infantil a 4°ESO coñecera ó noso poeta gaucho.

As gañadoras do Concurso de Poesía na que participou o alumnado de 1° e 2° da ESO:
1º PREMIO – Iciar Barcia Iglesias co poema Camino de estrellas
2º PREMIO – Daniela Fernández co poema De la noche a la mañana, de la vida a la muerte
3º PREMIO – Ángela Rodríguez Soto co poema El chancho “fiestero”

No Concurso de Vídeo participaron alumnas e alumnos de 3° da ESO. As gañadoras foron:
Carlota Peña Viar
Alejandra López Veiga
Daniela González
Claudia Armada
Violeta Loreda González

Os premios entregados consistiron en vales de compra para consumir en Beep e en Folder.

Exit mobile version