Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os diplomas aos participantes na Escola de Maiores de Xove

Xove, 22 de xuño, 2024. Este venres fíxose entrega dos diplomas aos alumnos e alumnas que este ano participaron na Escola de Maiores, que imparte a Educadora Familiar do Concello de Xove, Angélica Casabella Quelle, dende hai máis de 20 anos.

O acto tivo lugar ás 13:00 horas no salón de plenos do Concello da man de Tamara Soto, concelleira de Servizos Sociais e de Dolores Meitín, 1ª Tte de Alcalde, nun acto moi emotivo e de agradecemento á profesora.

Logo da entrega de diplomas tivo lugar unha comida de confraternidade entre todos os alumnos e a profesora, e tamén coa asistencia do alcalde, Demetrio Salgueiro, que agradeceu enormemente a adicación e profesionalidade de Angélica durante todos estes anos dirixindo esta Escola.

A Escola de Maiores do Concello de Xove empezou a marchar no ano 2002 e seguiu funcionando de forma ininterrumpida cada ano e sempre con moita afluencia de alumnos e alumnas, sendo, ademais a pioneira de todas as de Galicia e a partir da cal xurdiron a posteriori todas as demais.

O curso iníciase cada ano en outubro e dura ata xuño, coas suas pertinentes vacacións (nadal, entroido, Semana Santa…). Ten 8 sesións ao mes, repartidas en 2 cada semana dunha duración de hora e media cada ela. Este ano foron 25 alumnos os inscritos.

Angélica Casabella encárgase de impartirlles todas as materias que a maiores compleméntanse con un taller de memoria que se realiza durante todo o mes de xullo a razón de 3 horas semanais.

Tamén nesta Escola de Maiores lévanse a cabo ao longo do curso dúas viaxes de tipo cultural para coñecer Galicia ou mesmo algunha comunidade límitrofe.

Para estes alumnos tamén se organizan charlas que poden ser do seu interese como por exemplo: seguridade cidadá, educación vial, etc…

Exit mobile version