Burela, 19 de xuño, 2024. O próximo xoves, día 20, ás 5 da tarde, celebrarase un encontro dedicado aos diferentes estudos académicos sobre a intervención educativa Modelo Burela, entre eles a aplicación práctica realizada na cidade de São Paulo (baixo a coordinación da profesora Priscila Vasconcelos) e do estudo defendido na Universidade de Vigo por Pedro López Morillo.
Combinarase a participación presencial e virtual a través de Webex, que será gravada.
Convídase a participar no evento asistindo á biblioteca do IES Perdouro ou entrando na conexión virtual.
Para entrar nesta, é necesario facer previamente unha inscrición a través do enderezo de correo electrónico.