Site icon Crónica3.com A Mariña

En marcha unha nova canle de información municipal vía whatsapp para os veciños e veciñas de Vilalba

Para acceder á esta canle de whatsapp, só hai que agregar á axenda de contactos o número 648 199 486 e enviar unha mensaxe coa palabra ALTA

Vilalba, 31 de maio de 2024. A Alcaldía de Vilalba pon en marcha un novo servizo de información municipal vía Whatsapp. Así, a veciñanza disporá dunha nova canle de comunicación que lle permitirá estar informada de todo o que ocorre no concello a través do seu móbil e de xeito instantáneo.

Con este novo servizo, os veciños e veciñas poderán coñecer as últimas novidades sobre a actividade municipal, a axenda, obras, convocatorias, avisos urxentes e outras noticias e informacións de interese.

“Con esta nova canle, damos un novo paso para axilizar, dinamizar e garantir unha correcta información aos veciños e veciñas”, explica a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco.

O servizo consiste nunha lista de difusión, non é un grupo no servizo de mensaxería, polo que os usuarios non terán acceso aos datos ou información do resto dos rexistrados/as na canle de WhatsApp.

Para acceder a esta canle de whatsapp da Alcaldía de Vilalba, só hai que agregar á axenda de contactos o número teléfono 648 199 486 e enviar unha mensaxe coa palabra ALTA.

Este novo servizo entrará en funcionamiento o próximo xoves, 6 de xuño.

Exit mobile version