O seu chef, Bittor Arquinquoiz, aposta por sabores naturais. O lugar ofrece carta e menú degustación e todos os pratos se preparan á grella, dende a tosta con anchoas ata o xeado de leite con remolacha que pecha o menú degustación.
Carmen Barba, alumna de 2º de Servizos de Restauración e Iván Campo, alumno de 2º de Dirección de Cociña desenvolven o seu labor na sala e na cociña, respectivamente. A experiencia, que está sendo moi enriquecedora, vese recompensada con este galardón recoñecido a nivel mundial. Os dous teñen a posibilidade de quedar traballando no restaurante, unha vez rematadas as súas prácticas. Trátase, sen dúbida, dunha oportunidade que van aproveitar.