Foz, 7 de xuño, 2024. Os alumnos do IES de Foz Carmen Barba e Iván Campo traballan dende abril no Asador Etxebarri, un restaurante situado no corazón do País Vasco, en Axpe, Biscaia. Rodeado de montañas, este restaurante conta cunha clientela selecta procedente de todo o mundo e traballa con produtos de quilómetro cero, é dicir, que os ingredientes dos seus pratos proceden de zonas próximas.
O seu chef, Bittor Arquinquoiz, aposta por sabores naturais. O lugar ofrece carta e menú degustación e todos os pratos se preparan á grella, dende a tosta con anchoas ata o xeado de leite con remolacha que pecha o menú degustación.
Carmen Barba, alumna de 2º de Servizos de Restauración e Iván Campo, alumno de 2º de Dirección de Cociña desenvolven o seu labor na sala e na cociña, respectivamente. A experiencia, que está sendo moi enriquecedora, vese recompensada con este galardón recoñecido a nivel mundial. Os dous teñen a posibilidade de quedar traballando no restaurante, unha vez rematadas as súas prácticas. Trátase, sen dúbida, dunha oportunidade que van aproveitar.