Site icon Crónica3.com A Mariña

Detidos no Valadouro dous veciños de Xove como supostos autores dun delito de furto

Recuperáronse a meirande parte das xoias subtraídas sendo postas ao dispor dos seus lexítimos propietarios

O Valadouro, 10 de xuño de 2024. A Garda Civil detivo na localidade de Ferreira do Valadouro a dous veciños de Xove como supostos autores dun delito de furto.

Tras recibir unha denuncia en dependencias oficiais da Garda Civil o pasado mes de maio en relación ao furto de varias xoias, valoradas nuns 5000 euros, do interior dunha vivenda situada no termo municipal do Valadouro, iníciase unha investigación policial para esclarecer o ilícito penal.

Establecéronse varias liñas de investigación que levaron aos investigadores para comprobar unha transacción realizada nun establecemento de compra-venda de ouro situado na provincia lucense. Dita venda foi efectuada por unha persoa vinculada a unha traballadora da vivenda onde se produciu o furto, comprobándose no establecemento comercial como os obxectos postos á venda concordaban cos denunciados por furto.

Para perpetrar estes feitos os presuntos autores aproveitaban situacións de dependencia ou vulnerabilidade das vítimas, actuando cunha clara delimitación dos labores a efectuar por cada un dos implicados.

As persoas detidas foron postas ao dispor xudicial.

Exit mobile version