Site icon Crónica3.com A Mariña

Detido en Lourenzá o presunto autor dun delito de furto

Lourenzá, 11 de xuño de 2024. A Garda Civil detivo en Vilanova de Lourenzá ao presunto autor dun delito de furto.

Os feitos delituosos tiveron lugar o pasado día 16 de maio, cando supostamente a persoa detida aprópiase de 130 euros, que subtraeu do interior dun moedeiro, que a súa propietaria esquecera nun establecemento de venda a profesionais de hostalería.

Tras unha investigación policial compróbase que a persoa detida subtraeu o diñeiro do moedeiro, tras ocultalo con outros obxectos para seguidamente abandonar o establecemento e minutos máis tarde, devolver o moedeiro coa súa documentación, pero sen o efectivo do cual apropiouse, alegando atopalo no aparcamento do establecemento.

No marco da instrución de dilixencias compróbase como á persoa detida cónstalle unha sinalización xudicial en vigor de procura, detención e comparecencia dimanante do Xulgado de 1.ª. Instancia e Instrución nº 7 de Parla (Madrid).

A persoa detida foi posta ao dispor do Xulgado de Instrución de Mondoñedo.

Exit mobile version