Site icon Crónica3.com A Mariña

Deron comezo as rebaixas de verán no Centro Comercial Aberto de Ribadeo

Ribadeo, 29 de xuño de 2024. Deron comezo as rebaixas de verán no Centro Comercial Aberto coas mellores vistas e coa mirada posta na viaxe a Cuba para dúas persoas que se sorteará o vindeiro 14 de xullo no marco do Ribadeo Indiano.

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, manifestou que “aínda que ata o dia 1 de xullo non se dan por inauguradas oficialmente as rebaixas, visto que moitas marcas nacionais adiantaron unha semana esta cita, dende Acisa quixemos dar comezo un pouco antes a este período de descontos comerciais. Por iso dende hai uns días demos por inauguradas oficialmente as rebaixas en Ribadeo, moitos comercios xa as adiantaron, e outros estano a facer nesta fin de semana. Durante xullo e agosto centos de negocios terán grandes descontos e múltiples artigos de tempada a prezos moi interesantes, polo que animamos á veciñanza e aos visitantes a aproveitar esta gran cita”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “nesta campaña de rebaixas coma noutras, desde Acisa apoiamos aos nosos negocios con materiais gratuítos, que xa foron repartidos, como cartelería anunciadora das rebaixas, tarxetas co antes e o despois da aplicación dos descontos correspondentes, así coma con publicidade en redes sociais”.

Cruzado Iglesias subliñou: “animamos a mercar no centro comercial aberto coas mellores vistas e lembrámoslle á clientela do comercio, da hostalería e dos servizos asociados a Acisa a que pidan as súas papeletas para ter a posibilidade de participar no sorteo dunha viaxe a Cuba para dúas persoas, que realizaremos o vindeiro 14 de xullo no marco do Ribadeo Indiano 2024. Será a cuarta vez que enviemos a unha parella ao Caribe. Que ninguén esqueza solicitar as súas rifas. Hai repartidas 160.000”.

Pérez Prada engadiu: “como sempre dicimos Ribadeo é o mellor centro comercial aberto, xa que aquí se pode disfrutar dunha experiencia integral de ocio e de compras e queremos demostralo dando os mesmos servizos que as grandes áreas comerciais das cidades, por iso queremos recordar tamén aos nosos asociados e asociadas que para esta temporada de verán que xa comezou, dispoñen de múltiples materiais gratuítos que poden solicitarnos como bolsas para o comercio, envases de comida para levar para hostalaría ou mapas turísticos e pases para visitar as Catedrais destinados aos hoteis. Así como os propios materias de rebaixas para comercio”.

Exit mobile version