Site icon Crónica3.com A Mariña

Cubertas todas as prazas no curso gratuíto de primeiros auxilios celebrado no Centro Social de Ribadeo

Ribadeo, 20 de xuño de 2024. A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, agradécelle a Afammer e á Cruz Vermella o curso de primeiros auxilios que foi impartido na xornada de onte no centro social de Ribadeo.

Sierra dixo que “foi moita a xente que se interesou por este curso de primeiros auxilios no que se cubriron todas as prazas ofertadas. É moi importante estar preparados para poder axudar en momentos que poden ser de vital importancia para a vida das persoas”.

A actividade enmarcouse no Plan Corresponsables da Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo Afammer, grazas ao convenio de colaboración firmado por este colectivo coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia. O curso foi impartido en horario de catro a nove da tarde.

Exit mobile version