Este vindeiro domingo Dry Martini actuará a partires das 13:00 horas na Praza de Abaixo para animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo.
“Estamos contentos coa acollida que están a ter estes concertos por diferentes recunchos da nosa vila, porque enchen de ritmo os mediodías dos domingos”, sinalan desde a organización. O Domingueo en Ribadeo xa pasou polo porto, pola rúa San Francisco, pola Praza de Abastos, pola Avenida Rosalía de Castro e pola rúa San Roque. Este ciclo de concertos rematará a principios do vindeiro mes de xullo.
Concello e Acisa animan “á xente de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar do Domingueo e de todas as propostas que aquí poden atopar en calquera momento”.