Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan os labores de limpeza da rampla do peirao de Cariño para mellorar o acceso das embarcacións

Esta operación, que conta coa colaboración tanto da Consellería de Mar como de Portos de Galicia, é de carácter temporal ata que se realice a actuación da dragaxe, que estará adxudicada nos próximos días

Cariño, 28 de xuño, 2024. Na mañá deste venres comezaron os labores de limpeza e mantemento da rampla de varada do peirao de Cariño para mellorar o acceso ás embarcacións. A actuación consiste na retirada de area para facilitar a entrada e saída das lanchas desde o peirao ao mar e viceversa.

Esta operación está a realizarse despois das xestións realizadas polo goberno local, que para para este proxecto contará coa colaboración, tanto da Consellería de Mar como de Portos de Galicia.

Desde o Consistorio lembran que esta medida é de carácter temporal ata que se realice a actuación da dragaxe, que estará adxudicada nos próximos días.

O proxecto de dragaxe consistirá na extracción de máis de 20.000 metros cúbicos de area en dúas zonas do porto, a propia rampla e a zona dos peiraos de atracada comercial interiores.

Segundo indicou a alcaldesa, Ana María López, “se trata de una actuación muy demandada por la gente que tiene una lancha en el muelle, que ahora podrá subir y bajar su embarcación de una manera más ágil y sencilla”.

A rexedora quixo explicar que “las labores de limpieza en este momento debido a un retraso técnico en el proceso técnico de la licitación del dragado, puesto que si las obras ya estuvieran en marcha como estaba previsto inicialmente, ya no serían necesarias”.

Exit mobile version