Nunha primeira fase serán 27 os vehículos retirados, tanto das rúas de Viveiro como de Aparcadoiros A Mariña.
A empresa adxudicataria destes traballos é ‘Desguaces Herbón’, que realizará as tarefas durante dous anos, coa posibilidade de dúas prórrogas anuais.
Míriam Bermúdez pon en valor este novo servizo, “xa que os vehículos abandonados poden ser un problema medioambiental e de seguridade”.