Esta iniciativa incluirá diversos obradoiros, que teñen como obxectivo a divulgación sobre a reciclaxe e a compostaxe entre o alumnado e os máis cativos, que están en período de formación e aprendizaxe.
Nestas actividades daranse a coñecer as diferentes fraccións de residuos e introduciranse os proxectos que ten posto en marcha o Concello de Viveiro neste ámbito.
Hoxe impartíronse tres obradoiros no CEIP Celeiro dirixidos ó alumnado de educación infantil, onde os nenos e as nenas aprenderon en que colector deben depositar cada residuo e en que consiste a compostaxe.
Esta primeira xornada tivo lugar entre as 10:00 e as 11:30 da mañá. Posteriormente tivo lugar unha segunda xornada de obradoiros no CEIP de Santa Rita, dirixida ó alumnado de educación primaria, entre as 12:30 e as 13:30 horas.