O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, explicou que “as actividades que programamos para a mocidade darán comezo o vindeiro mércores, 3 de xullo, con cine na rúa. No Campo de San Francisco ás 22:30 horas os días 3, 10, 17, 24 e 31 de xullo proxectaranse películas como Amigos hasta la muerte, Super Mario Bros, Salta, A praia dos afogados e Barbie”.
O edil ribadense contou que “tamén haberá sesións con djs na pista de skate. Serán ás 20 horas con Litainer os días 19 de xullo e 9 de agosto e con Pedro Bermúdez o 12 de xullo e o 2 de agosto”.
Silvent comentou que “ademais na praia dos Bloques do 5 ao 8 de agosto as rapazas e os rapaces que se acheguen ata alí poderán pasalo en grande nun deslizador de auga Z-gravity, que ten un tamaño de 35 metros, e para os máis pequenos estará un tobogán deslizador acuático selva”.
O concelleiro de Mocidade engadiu: “agardamos que a mocidade de Ribadeo e que nos visite durante o verán disfrute da programación que lles temos preparado desde o Concello de Ribadeo”.
No acto de presentación participaron o alcalde, Daniel Vega, e o concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent.