-que non puido acudir por motivos persoais-, Paz Moreda, Carmen García, Carlos Iglesias e Cristina Chen Meijide participaron deste acto no que se premiou o esforzo e as boas notas obtidas nas recentes probas de Acceso á Universidade. Todo o alumnado que asistiu á Megabau obtivo uns resultados por enriba do 9.
A Xunta de Galicia organizou o evento en colaboración coas tres universidades galegas, de A Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo. Por primeira vez, a cidade herculina foi o lugar escollido para esta festa despois de vinte anos sendo a capital de Galicia a encargada de acoller esta peculiar celebración de fin de curso que supón o inicio da nova andaina dos protagonistas fóra dos seus institutos.
Ata 900 alumnos foron chamados a participar, pero no evento chegaron a xuntarse máis de 4.000 persoas.