A cita arrincará o sábado á tarde no Peirao de San Cibrao e contará coa participación de preto de cen deportistas de toda España, de entre 9 e 60 anos
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo concelleiro de Deportes, David Rodríguez, e polo presidente de Penta Lugo, Carlos López.
O evento combina diferentes deportes, Biathle (correr e nadar) e Triathle (tiro-nadar-correr).
A cita é no Porto de San Cibrao, o sábado desde as 15:30 horas, as probas individuais; e o domingo desde as 10:00 horas os relevos mixtos.
Contará coa participación de preto de cen deportistas de entre 9 e 60 anos.
O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a achegarse ata o Peirao nesta fin de semana para desfrutar do evento deportivo.