Os populares consideran indecoroso que o señor alcalde fale de urbanismo cando leva cinco anos para aprobar o 5% restante do Plan Xeral
Os populares consideran indecoroso que o señor alcalde fale de urbanismo cando leva cinco anos para aprobar o 5% restante do PXOM que estaba pendente de legalizar a traída de Cordido, unha xestión que se podía ter feito en seis meses.
Ao Grupo Municipal Popular non lle sorprende a capacidade de Cajoto de apropiarse do traballo dos demais como xa fixo con asuntos como a depuradora, a residencia ou a canceira municipal que xestionou o goberno do Partido Popular e co traballo de corporacións anteriores. “Isto demostra a nula capacidade de xestión e a falta de escrúpulos políticos por parte do alcalde e do seu equipo de goberno”, lamenta o voceiro popular.
Os populares critican que, ademais de levar cinco anos para legalizar a traída de Cordido, o alcalde tampouco tocou o PXOM en nada e, polo tanto, nin desenvolveu o plan de reforma interior da zona antiga nin os plans parciais detrás da zona de As Torres nin en Fondós.