Foz, 4 de xuño, 2024. Cargos orgánicos e institucionais do BNG estiveron hoxe no mercado semanal de Foz, donde informaron das propostas nacionalistas de cara as vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo do 9 de xuño. “É necesario que a sociedade galega teña voz propia en Bruxelas porque existimos politicamente e podemos defender os nosos intereses cando temos capacidade para falar e intervir sobre todo aquelo que nos afecta” afirmaron os nacionalistas, engadindo que “eso é o que garante o Bng a través de Ana Miranda, porque o noso escano en Bruxelas é desde hai anos o escano do pobo galego en Europa”.
Hoxe os nacionalistas centraron a súa mensaxe na cohesión territorial e a sustentabilidade ambiental e enerxética e tamén no dereito de Galiza a xestionar de forma directa os fondos da Unión Europea.
Tarifa Eléctrica galega
Desde o BNG apostan pola soberanía enerxética dos pobos e polas enerxías renovables pulando por unha transición social e territorialmente xusta e defenden a capacidade de decisión de Galiza para definir e organizar o seu novo modelo enerxético así como o recoñecemento do dereito de ter unha Tarifa Eléctrica galega que lle permita a Galiza facer do seu papel de produtora excendentaria un motor de desenvolvemento económico e social e coherencia coa existencia de tarifas diferenciadas que existen en toda Europa.
Saneamento integral de rías, ríos, praias e espazos costeiros
O saneamento integral das rías e dos ríos galegos, praias e espazos costeiros é outra das preocupacións do BNG, que considera moi necesario o control efectivo da execución dos saneamentos no cumprimento da Directiva Marco da Auga como prioritario. Esta problemática afecta de modo especial á Mariña, con moitas obras pendentes, entre elas o saneamento e a construción da EDAR na Praia de Arealonga en Barreiros, a poucos metros das Catedrais, obra que a Xunta de Galicia veta unha e outra vez negándolle ao concello de Barreiros investimentos para ese fin, cando a Xunta dispón de fondos europeos a eses efectos.