Reforzaranse iniciativas como os paseos saudables
Tras adherirse á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde, unha iniciativa dentro do Plan Estratéxico de Saúde Nacional, o concello acolleu unha nova mesa intersectorial do concello, que se celebran cada dous meses para coordinar as actividades previstas.
Ademais, Burela xa forma parte da Rede Galega de Promoción de Saúde (Regaps) e potenciará iniciativas como os paseos saudables, que se veñen desenvolvendo cun gran éxito de asistencia.
O concello conta coa colaboración do centro de saúde e ten previsto realizar otras actividades de forma conxunta coa Festa do Bonito, organizar eventos de fútbol praia no verán, ou preparar vídeos informativos.
“Iniciativas como os paseos saudables teñen moito éxito. Saen da praza do Concello e a partir de xullo pasan a ser os martes de 9 a 11”, explica a alcaldesa, Carmela López. “Os camiños seguros aos centros educativos é algo sobre o que xa estamos a traballar”, engade.
“Promocionar hábitos de vida saudable entre a veciñanza é o obxectivo desta estratexia”, remata a alcaldesa de Burela.